Linguas: inglés, castelán e galego.


Interpretación consecutiva
Modalidade recomendada para discursos, relatorios e conferencias cando non se conta co equipo técnico necesario para una interpretación simultánea. O orador fala durante intervalos de tempo pactados con anterioridade durante os que escoito e tomo notas da súa intervención. Posteriormente, reproduzo o seu discurso na lingua materna dos oíntes.
Interpretación de enlace e acompañamento
Como intérprete de enlace, sirvo de vínculo entre dúas partes que non falan a mesma lingua, podendo ser estas dúas persoas, unha persoa e un pequeno grupo ou dous grupos reducidos. É ideal para reunións de negocios, visitas a empresas, xestións en organismos… Ademais, se é preciso, tamén acompaño o cliente a calquera sitio ao que necesite ir durante toda a súa estancia para facilitarlle a comunicación.
Interpretación telefónica
Como o seu nome indica, interpreto chamadas telefónicas (ou de Skype) entre dúas persoas que non falen a mesma lingua. Este tipo de interpretación é a solución perfecta en casos nos que os participantes se atopan en diferentes puntos xeográficos.

Pide orzamento sen compromiso