Son Lucía Vázquez, tradutora (xurada), intérprete e correctora autónoma. Estou especializada en tradución audiovisual e de textos sobre arte, pero tamén ofrezo os meus servizos en moitos outros eidos, como poderás comprobar ao explorar a miña páxina web. As miñas linguas de traballo son fundamentalmente o inglés, o castelán e o galego (estas dúas últimas, as miñas linguas maternas), aínda que tamén traduzo do francés e o portugués.

Gozo co meu traballo ata o punto de facelo unha extensión dos meus valores persoais: detallista, eficiente, creativa e, sobre todo, responsable, a palabra coa que me definiron desde que teño memoria. Esta responsabilidade fai que estea á altura en cada proxecto, non só pola fidelidade que lles debo ao cliente e ao autor, senón pola que me debo a min mesma, pois facer o contrario sería traizoar todo no que creo. As letras sempre foron a miña paixón; de nena xa soñaba con dedicarme profesionalmente aos idiomas. Agora estou cumprindo aquel soño e para iso coido cada palabra, cada frase, buscando o reflexo idóneo noutra lingua de xeito que tras de min non quede máis que o rastro dun traballo ben feito.

Se queres saber máis sobre a miña formación e experiencia, podes descargar o meu CV ou visitar o meu perfil en LinkedIn.

Son socia de:

atrae-logo