Linguas: inglés, portugués, francés, castelán e galego.


Tradución audiovisual
–Dobraxe e voces superpostas: tradución e axuste de diálogos.
–Subtitulado: tradución, pautado e revisión.
Tradución xurada
A tradución xurada é unha tradución certificada realizada por tradutores e intérpretes xurados nomeados polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación de España que, coa súa sinatura e selo, dan fe pública da exactitude da tradución.

Son tradutora xurada de inglés-castelán desde o ano 2008. Realizo traducións xuradas de todo tipo de documentos: certificados e títulos académicos; certificados do Rexistro Civil; documentos xudiciais, mercantís, técnicos, notariais…
Arte
Estou especializada en tradución de textos sobre arte:
–Guías de museos.
–Textos de exposicións (paneis, rótulos, catálogos…).
–Libros e revistas de arte.
–Textos académicos.
–Materiais didácticos.
Tradución xeral e técnica
Tamén traduzo textos xerais (currículos, notas de prensa, correspondencia…) e doutras áreas temáticas (alimentación, enoloxía, turismo, minería, medio ambiente, manuais de instrucións, educación…).
Revisión de traducións
Comparo o texto orixinal e a tradución para corrixir e mellorar o resultado final en todo o que sexa preciso: ortografía, falsos sentidos, calcos, erros de léxico, omisións…

Pide orzamento sen compromiso