Linguas: castelán e galego.
Corrección ortotipográfica
O obxectivo deste tipo de corrección é revisar a ortografía, a ortotipografía e a gramática, así como unificar o texto desde un punto de vista formal (tipografías, paxinación, sangrías, marxes…). Realízase en textos que só precisan unha última lectura, onde non é necesario corrixir o estilo.
Corrección de estilo
Mediante a corrección de estilo conséguese que un texto sexa coherente, preciso e de lectura fluída. Téñense en conta os libros de estilo e, entre outros moitos aspectos, corríxense as faltas de ortografía e de tecleo, os erros e imprecisións de vocabulario, as inconsistencias sintácticas, as ambigüidades, os estranxeirismos…