Estas son algunhas valoracións dos meus clientes:


Pouco a pouco, Lucía converteuse nunha das nosas freelances imprescindibles. Responsable e entusiasta. Destaca pola dedicación, paixón e bo criterio ao realizar as súas tradución e axustes. Meticulosa e con moi boa predisposición para calquera tipo de traballo, xa sexan series, realities, animación e mesmo cancións. Pon especial atención a calquera particularidade que poida xurdir, o que, sen dúbida, se agradece en proxectos que esixen dilixencia e rapidez, que non adoitan ser poucos.

Operations manager (Galicia) de SDI Media Iberia.

 

Sempre que contamos con Lucía nas nosas traducións estivemos tranquilos. A súa profesionalidade e a calidade do seu traballo aválana. O que máis nos gusta dela é o seu dominio dos termos especializados en arte contemporánea e artesanía e a súa capacidade de adaptación a prazos de entrega ás veces moi curtos.

Xerente de DARDO.

 

Excelente servizo. Extraordinario coidado dos textos (incluídos aqueles de carácter máis técnico), trato e asesoramento personalizado ante calquera posible dúbida e óptimo cumprimento dos prazos de entrega (na medida do posible, mesmo antes dos tempos pactados).

Responsable de comunicación de Rubine Red.

 

Hai anos que traballo con Lucía, sobre todo pola seguridade que me transmite. Os seus traballos sempre chegan en prazo, revisados e sen lugar a descoidos; algo moi importante cando estamos suxeitos a tempos moi axustados. Para min é unha garantía de calidade cara aos meus clientes.

Xerente de Deseu Comunicación.